O seu corazón era agora un glaciar. Xelárase fai anos, cando descubrira certo día de mañá, e cos fillos xa ben criados, que a súa relación perdera por completo os sons e os silencios que noutrora tanto se esforzaran por interpretar.
O amor xa non era melódico naquela casa. As súas mans, aínda xoves pero visibelmente cansas pola rotina, xa non apuraban o tempo para se deslizar polas liñas dos seus corpos. As noites trocáranse cadenciosas naquel leito e o que antonte fora percibido por todos nós como o preludio dunha romanza infinda resoaba agora nos nosos ouvidos coma unha estrondosa fuga de silencios superpostos.
Foi nun intre daquela mañá cando a muller, enfastiada polo seu pouco talento musical, decidiu guindar do corazón un cartel que dicía así: “Non cruzar! Teatro fecho por perigo inminente de derrubamento”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario