RAIN

martes, 9 de febrero de 2010

Raiadiña sobre normas morais, naturaleza humana... Eukisei.

Coido que as normas morais son as que fan malos aos homes; de non habelas, non habería ningún home malo. Agora ben, grazas a que existen podemos dicir que existen tamén homes bos... (Que grande sorte!) Eu antes, cando aínda non me nacera a consciencia, vivía moito máis feliz sen coñecer a verdadeira naturaleza do ser humano, unha naturaleza algareira, transformista e por tanto case nunca verdadeira... Agora que a (des)coñezo, recoñezo que (des)coñecela permíteme tomar unha decisión en canto á clase de natureza que quero ser, unha decisión imposta sempre polas normas morais que me rixen. Decisión “muito” libre, sen dúbida.

A naturaleza do ser humano nin é verdadeira, nin a coñecemos nin é útil nin a decidimos libremente. Por que empregamos regras para dominar algo que aparentemente parece non existir? Liberemos ao ser humano da súa natureza criada sempre por seres... sociais. A humanidade do ser humano é, moitas veces, incompatible coa súa capacidade de ordenación social.


*emprego homes en sentido xeral por imitar aos (bos? Malos?) clásicos

No hay comentarios:

Publicar un comentario