RAIN

domingo, 3 de enero de 2010

Teoría comunicativa sobre a beleza: a beleza como categoría do movemento.



A beleza rexeita o estatismo por carecer este da enerxía suficiente que a axude a desenrolarse. A beleza é movemento e, como tal, sempre tenderá a ir dun punto a outro, a comunicarse a través do espazo e do tempo.
Un cadro, por pór un exemplo de aparente beleza estática, non pode ser belo se non encontra na mirada da persoa que o ve a sinal de saída que a leve ata a meta dos seus pensamentos, das súas emocións. Un cadro, por conseguinte, só é belo cando non é estático, cando crea un movemento de ida ata a persoa que o contempla, cando existe comunicación entre o obxecto e o ser.
No caso das persoas, este movemento encontra o fastidioso ou o marabilloso xeito de aproveitarse das categorías universais do espazo e do tempo dun modo moi especial: a través dos xestos. Estes suspéndense gravitatoriamente creando coa sua forza un orbe lumínico o seu redor que esixe ás outras persoas que estamos nel certo grado de atención. Acho que as mulleres son os seres que maior número de curvas de luz atemporais son capaces de xerar. Isto pode deberse á súa inmensa capacidade comunicativa, creada e criada por elas mesmas e pola sociedade ao longo dos séculos. Por conseguinte, se a muller é máis xestual, se os xestos son corpo en movemento, se o movemento é comunicación e a comunicación, beleza… A muller é beleza.

Conclusión: para sermos ghuapos e ghuapas de verdade o que en realidade temos que facer é comunicarnos. A comunicación é a clave da beleza. Hoxe, somos todas persoas moi feas, feas do carallo.

(Á muller fermosa que detía o tempo e que baixaba a Avd. de Finisterre xusto cando o bus 6-A tocaba coa tenda de comestibles da esquina.)

FOTO: unha fresa, por ser a fruta máis fermosa e máis perfecta que existe. A distancia que existe entre puntiño e puntiño é a mesma e se os unes mentalmente con líneas sáenche rombos, ou cadrados, depende de cómo o mires. A fresa é multiperspectivista, jijijijiji.

No hay comentarios:

Publicar un comentario