Moradora da vida.
Se a vida se herda sen o consentimento de quen a vive, sen apenas esforzo, nun mal empurrón de ventre,¿que mérito hai en viver a vida que a un lle ven dada, a vida que se vive a si mesma?... Só hai que deixala ser, andala, tódolo máis percorrela se un nasce tránsfuga dos designios da propia vida. Mais habitala, habitala é outra cousa. Habitar a vida esixe morar nela, instalarse un dentro de si e carregar con todos os trastos inúteis que a propia vida vai amoreando nos estantes dunhas paredes cada vez máis arredadas, máis fendidas.
Habitar a vida, apresala ata facer dela o teu propio cárcere require dunha brutal consciencia, dun concretarse a un mesmo, dun individualismo atroz e tamén dunha renuncia: a de vivir a vida como ela quer que ti a vivas. Non, habitar a vida non é doado, nin é cousa pracenteira tampouco. A vida pasa a ser um obxecto que enfeitar, unha responsabilidade.Si, vivir é sempre um dereito, mais habitar a vida é sempre unha detestable obriga para os seus moradores.
Vivindo a vida os cambios se suceden; habitándoa, un non deixa que os cambios se sucedan e estes terminan por apedarse nunha gorxa sempre covarde.
Vivir a vida = habitala 100 000 veces para non ter que decidir xamáis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario