RAIN

sábado, 2 de enero de 2010

Raiada simple: Persoas simples e persoas complexas.


Non creo no simplismo da xente. Creio que as persoas somos todas moi complexas; aínda máis, creio que as persoas as que tildamos (nós, os altiv@s, os complex@s e incomprendid@s) de simples son, na realidade, as que presentan maior grado de complexidade persoal. Por exemplo: as persoas que só aspiran a mercar un coche, ter parella e desfrutar ao longo da súa vida dunha estabilidade vital baseada no non cuestionamente do estado do mundo son moi, moi complexas; por qué? Porque as súas aspiracións son o fruto dunha sociedade cada vez máis complicada organicamente, en todos os sentidos. Os anceios destas persoas son o resultado dunha estrutura confusa, obscura, que limita aos seus seres á unha única solución, a unha única saída complexa por resultar dunha elección final (boa un non, non o sei; para min non o é). Só querer diñeiro e parella é o  resultado dunha decisión complexa, iso si, non tomada persoalmente, mais socialmente.

Nós, os infelices, os inadaptad@s, os sempre altiv@s e aínda así acomplexad@s somos, quizáis, os máis simples. Os nosos anceios non se suportan en ningunha estructura social, non acadan status de complexidade; son simplesmente humanos, instintivos. “Afán de comprensión, de superar a soidade, de vivir na lóxica máis fácil que é a paz e a libertade”. A utopía é en si fácil de pensamento, de ordenamento. É puro instinto. A felicidade actual, a que nos venden, a que queren os outr@s, os complexos, é simbolicamente a máis complicada e aínda así a máis fácil de procurar.

Non existen as persoas simples; existen, só, diferentes tipos de complexidade. Está a complexidade do ser humano, representada por utópicos infelices, e a complexidade do ser social, representada (creo) por humanos sempre infelices.


No hay comentarios:

Publicar un comentario