RAIN

viernes, 1 de enero de 2010

Que me queres, soidade (por exemplo...)

Non me mira…
Está aí, quedo, de espaldas, coa pel do revés,
intentando non facer ruido pra non despertar
ao corpo que late no fondo, dentro de si,
e que non lle deixa durmir.
...É un home fino, visivelmente fráxil e delicado...
As súas mans enrugadas foron as únicas
que fixeron un bo contrapunto na fuga de mans
que me tocaron o cu esta noite...
E marchei con el...
Coma unha puta,
coma unha meniña namorada...
Namoreime del ao instante.
... Eu son así...

Tic, tac...
... Algo ladra na fronteira deste leito que non dorme...
Tic, tac, tic -e pode que máis tarde un tac-
... Coma un reloxo que fai acrescentar o seu último pulso
antes de empacar o tempo....

Meu probe!
Este home ten a soidade metida no peito;
síntese na suor quente das sábanas
 e a sentín hoxe tamén 
cando me acariñaba a cara,
e me apalpaba os muslos,
e me bicaba un peito...

... Non! El non há quer prender en min,
mais a súa soidade, de verdade, acéndeume o corpo,
prendeume coma lume no carozo...

... Si, eu tamén estou soa...
Díxencho moitas veces hoxe.
Griteicho ao ouvido!

... Eu son lume e ti... Ti tamén es lume.
E o carozo...
¿Quen é o carozo?
O carozo é esta cama.

Tic, tac... tic.
Gústame esa melodia.
É atípica, coma min...
... Somos catro mans a tempo nunha historia arrítmica,
= Iguais e aínda así distantes.
... A distancia entre nós improvísase sempre co silencio...
…¿Por que non me falas?...
Non, ti non hás quer prender en min...
Fáltannos as palabras
... E o amor.
Non! Ti non hás quer amarme.
Amas a soidade por riba de todas as coisas... E eu tamén.
Amemos a soidade, amor,
pero antes...
Antes déixame levantarme deste leito
e dicirche cun silencio...
… un adeus.

No hay comentarios:

Publicar un comentario