RAIN

sábado, 12 de diciembre de 2009

La gallina Turuleta ha puesto un huevo, ha puesto dos, ha puesto tres...

Non sei o que ten Coruña que me pon melancólica; quizáis sexa o desaxuste entre a fermosura da cidade e a fealdade das persoas que habitan nela... Si, coido que nesa beira rúa do imposible reside a miña melancolía.

As persoas de Coruña (voltando ao tema... [que tema¿?]) en conxunto, son feas; moi, moi feas: non sinten, só saben vestir ben (no que agora se di que é vestir ben) e a maioría che sorrín cunha rea de dentes, todos perfectiños eles, e brancos tamén, que me crispa os nervios. E non o digo con mágoa, non, que a min no fondo agustíñame que sexan así; para desarrimarme deles, e de todo en xeral, e ser máis eu do que eu son pola semana. Soíña, soñando a compaña de outr@s coma min, soñando, coma sempre, comigo mesma sen ser eu, criando outra realidade repulsivamente elitista e infantil, desbotando emocións, regalándoas á cidade, colándoas en cada curruncho para ver se algún/a transeúnte curioso é capaz de traducilas e se enamora de min. Si, son unha romántica, pero o meu romanticismo non é como o das “películas”, non; é el máis lamacento, máis accesible (ainda que moito máis refinado), máis comunicativo, asexuado por completo; o meu romanticismo tampouco é xenófobo como o de agora. O meu romanticismo non é de agora, nen de antes; o meu romanticismo é meu: empeza e acaba comigo. Si, o meu romanticismo sempre acaba comigo, ai!

Starsailor. Que tristeza de canción, e que bonita! Haberá que ir hoxe polo paseo, lo. Que densidadeeee, mimáaaa. Pero antes, "La Celestina" (agh!) e postaliños (mmmm!!!) Logo, cecáis unha cerveza (ou dúas) ben fresquiñas ;-)



No hay comentarios:

Publicar un comentario