_ _ _ _:
Censuro o comezo deste texto. Por non oportunar a ninghén, por non falsear a realidade das cousas que moi poucas veces existen, por non ferir os sentimentos d@s que nunca len os meus textos orais ou escritos, d@s que non me coñecen apenas, d@s que non se molestaron xamáis en profundar, por dicir algo, no abismo da miña adolescencia, d@s que me ven, si, coma a que xamáis fun e agora polo visto son: unha muller máis ou menos fermosa.
Si, serei, aínda que non por sempre, unha muller máis ou menos bonita (noxenta cualificación onde as haxa), relativamente agradável á vista. Non un ser humano, non; unha muller: con demasiado corazón (sentimental!) e pouco seso. Un seso compasivo...
Por iso non comezo polo principio, porque teño compaixón e tamén intelixencia; máis da que algún xulga (non é dificil!) e moita menos da que quixera para os demáis (para min non a quero).
Para @s que non queren entender: hai amplas diferenzas entre ser "ser humano" e ser muller; á muller fáltanlle visívelmente dúas cousas: un "ser" de por medio e tamén humanidade. Si, a muller que vós pretendedes é hipotéticamente humana.
Pero isto non vai de mulleres, non. Vai de min, de vós e dun adxectivo que se imprime ausente a si mesmo ao comezo ou ao final deste ... desafogo textual. É un adxectivo feo, de tan só catro letras, solitario, lastimoso, que mete ruido e podería, incluso, provocar úlceras nun seo familiar.
Non penso pronuncialo, mais hoxe tiña que ficar aquí, polo menos, insinuado.
PIC: http://pintorbenjaminbonilla.blogspot.com

No hay comentarios:
Publicar un comentario