RAIN

jueves, 24 de diciembre de 2009

Ao corredor-trasgo do Miño.


Esta actualización quero adicarlla a un home que non sei quen é, que non sei dele máis que o que me conta o retrato do seu sapato encravado na lama. É este un home manso, aínda que algo "trasgán". Rebule pola ribeira do Miño con traxe de oficina, abanando os brazos e remexendo espritos co seu bafo de corredor desacougado. Do seu pescozo pendura sempre unha gravata, non demasiado grande e si bastante lixeira (de aluminio ha ser, coma as dos ciclistas ;-) ) e do extremo do seu gabán saen sempre dúas crestas aerodinámicas que cortan o frío e lle dan certo aire de vehículo todoterreno. Si, ele é un home todoterreno, que marcha con fume de oficina, con neuronas requentadas recicladas unha e outra vez ao longo do paseo fluvial do bosque sacro da Galiza. É ele, sen dúbida, un home de infinda enerxía renovable...
... Desgrazadamente, fai días que non o vexo. Cecáis vaia coma tod@s nós, de incógnito, encubrindo o custoso proceso de reciclado tras unhas mallas azuis calquera. Non me gustaría, a verdade. A lycra elástica do deporte, ademáis de moi pouco ecolóxica, évos ben mentireira: tras un “!Que pracer facer deporte!" sempre hai un “!Que fart@ estou hoxe do mundo!”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario