RAIN

sábado, 28 de noviembre de 2009

AchegArte


Gústame como mira este home, como debuxa cos seus ollos de neno azuis pértegas escritas por onde as palabras brincan bulideiras por riba das nosas cabezas. Gústame como lle tremen as mans, como asubía as “eses”e como di “non?” cando nos está a solicitar moi amablemente un “quizáis”.
Un pracer ouvirte e escoitarte esta tarde.


Frase do día:
A beleza non hai por que entendela. Non hai por que pretender entender todo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario