A única diferenza entre un mundo habitado por pensamentos e un mundo habitado por feitos radica na natureza do seu creador: mentres que no primeiro son os pensamentos os que constrúen a todos os seres humanos por igual, no segundo son os seres humanos (na súa individualidade ou colectividade) os que constrúen os feitos... Os feitos son entón resultado das decisións, dun conxunto de proposicións lingüísticas que conteñen dentro de si a esencia formal dun pensamento e o arrouto cuestionable e á vez valioso dunha acción futura...
Si, o que importa na realidade son sempre os feitos, mais diferenciando o pensamento do feito en si podemos e debemos pensar que toda acción má puido xorder en esencia dun pensamento do que tamén puido xorder unha acción boa; isto nos levaría a imaxinar que a malignidade dos feitos non nacen na mente da persoas para instalárense aí, apodrecendo ós bichos, senón que nacen nunha desafortunada décima de segundo na que ten lugar a toma dunha decisión que non ten por que representar o noso pensamento, senón certas circunstancias. As circunstancias, o contexto e, en definitiva, o mundo real (contextuado dunha maneira que aborrezo) é o que acaba co pensamento...
Detrás de más accións, de terribles decisións (quen sabe se voluntarias ou involuntarias) eu gosto de pensar que existe un mundo no que todos os seres humanos pensamos e sentimos as mesmas (ou polo menos parecidas) cousas e que só na liña que divide o abstracto e o concreto dase a traxedia; nese limbo, no que non se pensa nen tampouco se actúa, senón que só se decide é onde a xente morre por dentro.
Non, non é posible ver o fenómeno do pensamento, mais eu creo, teño fe nese pensamento universal que é inxenuamente bo e que só se ve mutilado pola variable das decisións. As decisións, si, son variables (a veces moi fastidiadas) na constante do pensamento bo.
Sen ghanas de durmir e creando unha axendiña chachi para o novo ano...

No hay comentarios:
Publicar un comentario