Xa non hai tempo para a soidade nin para os textos. Os días rematan pra min as dez e media da noite e no noso cuarto (ao fin un “noso” familiar e verdadeiro) apenas hai espazo para a intranquilidade... Todo é amor nesta casa, todo é sinxelo e parece que as xornadas non enchen de horas o ventre, senón de tenruras.
A única preocupación que me fai conservar eiquí a anelada lucidez d@ que vive infeliz é a de non ser eu, a de non ter a necesidade de resolverme a cada intre con confusas fórmulas criadas por min a través dos séculos...
Ás veces, e gracias aos restos desa loucura real ou irreal que me afasta de todos e me achega a min mesma, síntome culpable, inmensamente culpable... Entón penso que ceder á felicidade foi no seu momento un claro síntoma de abandono á miña persoa e tamén a outras que aínda non acharon ou non tiveron a oportunidade de achar unha posición confortável dende a que poder contemplar o mundo...
... A felicidade non é un estado de ánimo, non; é unha substancia densa e artificial con propiedades alucinóxenas que destrúe as lembranzas máis insignes dun intre da nosa vida e as licua en estensos ríos uniformes onde a memoria naufraga ata ceder ao olvido. A felicidade prolongada fainos esquecer os verdadeiros momentos felices, e o que é pior, fainos olvidar o que é ser infeliz por momentos... E isto é terrible, pois só dende a sensación que produz nos nosos corpos o infortunio somos capaces de imaxinar a nosa futura felicidade, por absurda e imposível que esta sexa...
... Creio inxenuamente que a felicidade e a tristeza absolutas son as dúas ferramentas que emprega o mundo para paralizármonos e seguir así auto(?)xestionándose como ata de agora... Os seres felices desfrutan da súa droga e aos infelices os drogan desexando que non atopen xamáis ese momento feliz no que poder imaxinar a súa futura felicidade, aínda libre por ser só imaxinada.
Non, eu non quero ser feliz, nin tampouco infeliz. Quero permanecer no meu cuarto, observando coma sempre a infelicidade deste mundo que ten sempre a desgrazada obriga de ser feliz para logo cuestionalo ata o límite da miña propia infelicidade. Quero xulgalo cada día, berrarlle coma sempre en silencio ata facer sangrar a miña voz e lograr importunar co meu discurso calado a algún que outro ouvido sordo e feliz que case sempre me contesta cun “pero qué é o que dis, nena?”
De acordo, eu non quero ser infeliz, pero tampouco quero someterme á felicidade e á súa convicción tan pouco convincente de que “todo está ben”, porque non o está. Non, eu non quero ser unha infeliz feliz máis.

No hay comentarios:
Publicar un comentario