Na praia, ó carón dun penedo
e tralas queixas das nosas bocas
por forzar o silencio dos seus abrazos,
eu bauticei ós teus ollos
coma redes de mariñeiro
que no azul prenderan
unha meniña escura e feiticeira.
Arañeiras feitas d´auga;
supernovas salgadas
contidas nunha ribeira
pra min sempre perfeita.
e tralas queixas das nosas bocas
por forzar o silencio dos seus abrazos,
eu bauticei ós teus ollos
coma redes de mariñeiro
que no azul prenderan
unha meniña escura e feiticeira.
Arañeiras feitas d´auga;
supernovas salgadas
contidas nunha ribeira
pra min sempre perfeita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario