RAIN

domingo, 27 de septiembre de 2009

Naumaquia.


O afundimento dos teus dedos na máquina
é o lexítimo xesto
co que a linguaxe agarima
as miñas idéias.

Ninguén as tocou dese xeito,
ninguén as preme con tanta forza...

Antonte os teus extremos
naufragaron polas fiestras escuras
do teu periférico;

escorréronse mornos
en soidades brancas sobre cavado negro,
e as túas verbas
fixéronse cadáveres espidos,
restos esfriados
arrolados en absurdas teclas alfanuméricas
sen contido,
transoceánicas...

O teu naufraxio universal da palabra durou pouco.
Foi vulgar sopa de letras;
alimento burgués
que nutriu inxurias dos de sempre
e mantivo doenzas dos que, coma min,
non atinan a recompor
o intrincado discurso dunha vida...

Pretendiches que nós,
urbanitas consumistas das palabras,
achásemos os restos do teu quebranto
e descifrásemos "o quê havia fora".

... Fóra de ti non hai nada.

Hoxe xa non hai naufraxio,
só naumaquia,
Hoxe...

EAPRECIOTEUP
TUYBUNTEROLI
AEFQTHEBURTR
RFTGBNMCPLÑI
IMAISTOIYFGM

No hay comentarios:

Publicar un comentario