Dubidarías?
En seguirme ao meu rei-no das certezas perdidas,
onde os discursos fanse co silencio saudable e imposible das cidades?
En rexeitar a terra pra mergullarte nun Estado aéreo das cousas,
onde os nhomes non se construén coa absurda cobiza dun Pai
e onde os fillos son nativos naturais de si mesmos?
Dubidarías?
En viver onde inxeniarse com´asunto dun é unha obriga
e cicelar o xuízo proprio é un dereito case innecesario?
Dubidarías?
En xogar a bater as letras na rocha
pra ouvir con atención os espectros calados da Historia?
En balear co silencio indiferente ás bestas d´ouro
que ousan cruzar os límites ilusorios da rexión?
En esgallar o dito?
En dilatar nove mares o que queda por dicer?
Dubidarías?
En enredar coa miña lingua
Pr´andar a resolver a túa a cada intre?
N´ habitar nun lugar onde as palabras só fosen licor esgrevio
co que enchoupar os dentes?
Dubidarías?
Por que?
…Tocade as palmas por outra,
qu´eu xa estou morta.

No hay comentarios:
Publicar un comentario